martes, 14 de junio de 2011

SORPRESA!!!!

 






Vimos casas, vimos pedras
vimos árbores, vimos policias,
en fin, vimos a paisaxe,
pero por máis que miramos
non vimos crecer paises
por ningunha parte!

GRACIAS A TOD@S POR SEGUIRES ESTA VIAXE!!!!
(tentaremos continuar o blog canto antes con novas aventuras... todo polo voso disfrute, por suposto)


domingo, 29 de mayo de 2011

GUAJIRA TERRA WAYUU

Despois de visitar a Guajira entendes porque os colombianos que a coñecen falan con esa tenrura dela. A Guajira é unha península que está no extremo máis ao norte de Sudamérica a maior parte pertence a Colombia e outra pequena parte a Venezuela, pero as leis da Guajira son as que imperan. A cultura Wayuu que domina a zona dende tempos precolombinos, resistiron á conquista española e hoxe en día manteñen as súas costumes e o seu idioma moi arraigadas. Tal é a autonomía da Guajira, que por esta fronteira Venezuela-Colombia os indíxenas teñen libre circulación sen nengún tipo de aduana.

Dentro da Guajira coñecimos dende cidades como Rioacha o principal núcleo, ata rincóns inóspitos onde non chegas se non vas a posta (aínda así é complicado) como o Cabo la Vela. Este confín do mundo, polo menos esta é a sensación que che da ao visitalo, posúe unha paisaxe desértica xunto con un mar que parece inmenso e moi tranquilo. Isto transmite unha sensación moi especial difícil de explicar pero compartida por moitos viaxeiros cos que nos atopamos.

A costa deste cabo é maiormente praia pero algunhas destes lugares son espectacularmente singulares, como "ojo del agua" lugar sagrado para os indíxenas Wayuu. Pero en xeral tódalas praias son fermosas e solitarias e a visitalas en calurosas camiñadas foi ao que nos dedicamos estos días.

Saudos a tod@s!




















domingo, 22 de mayo de 2011

De volta a Montaña.... MINCA

Por aqui andamos en Minca “Capital Ecoloxica da Serra Nevada de Santa Marta”, e realmente o lugar merece este apelativo xa que a produccion ecoloxica e o respeto polo medio ambiente estan presentes en toda a vila. Aquí puidemos facer un descanso da calor da costa xa que esta vila esta situada na montaña, cun clima templado no que chove todolos dias polo menos un par de horas, o que fai que a paisaxe sexa moi verde cunha vexetacion moi densa, ideal para relaxarse e dar paseos sen ter que esquivar as horas de sol.

Aquí hai unha das maiores plantacions de café da rexion, polo que o café organico e o producto estrela, ademais son moi abundantes os mangos que atopas tirados por todolos recunchos e son un “piscolabis” ideal!

Minca e un destes lugares que xunta a persoas de moi diversas procedencias, atopamos un home de valencia que ten unha tenda de comida feita con moito cariño, onde venden o producto mais espectacular que vimos en meses..... bocata vegano con queixo de soia tipo mozarella e tipo chedar!!!!! mmmmmmm!!!!

Saudos a tod@s!

p.d: a entrada vai sen tildes e sen moitas fotos..... cousas da informatica na montaña!







lunes, 16 de mayo de 2011

Máis voltas....


Como quedarades sen ver as fotos de Cartagena pola nos perda da cámara, voltamos para poder tomar novas fotos  así ensinarvos esta fermosa cidade.....jeje.

Esta cidade foi o principal porto español no Caribe na época colonial, e isto percíbese por tódolos recunchos de Cartagena. Pódese ver dende a arquitectura colonial ata galeóns atracados nalgún dos numerosos muelles.
No "portal dos doces", que aparece na novela de Gabriel García Márquez  "El amor en tiempos de cólera", probamos algunha das decenas de cocadas distintas que preparan por aquí. probamos ademáis o coco ao natural (despois de beber o rico líquido que contén) e como podedes ver nas fotos, non foi o que máis nos gustou.

Tamén visitamos o volcán de lodo do Totumo, unha experiencia de flotación rarísima, xa que este volcán ten unha gran profundidade pero é imposible afundirse, ademáis das súas propiedades terapéuticas resulta moi divertido.

Saudos a tod@s!







 que agardan estas aves tan atentamente

pesca tradicional nas praias de Cartagena






miércoles, 11 de mayo de 2011

Hamaqueo extremo en Taganga

Non hai mellor título para resumir estos últimos días, que pasamos en Taganga. Aquí fai moita calor que só podemos aturala estando na auga do Caribe ou na nosa cabanha de hamacas e isto foi ao que nos dedicamos dende a última publicación.
Eso sí! melloramos o noso recetario aprendendo a cocinhar moitos platos típicos, como a yuca, patacóns, plátano....
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades un pouco máis de preto a vida de can que levamos (as hamacas e o camino ás praias que frecuentamos).