miércoles, 27 de abril de 2011

ILLAS DO ROSARIO e PRAIA BLANCA

Acabamos de chegar dunha semana inolvidable nunha praia paradisíaca....

Todo comezou cunha travesía en barco polo Parque Nacional Natural Corales do Rosario onde puidemos ver por primeira vez as cores do mar Caribe bañando as costas das distintas illas. Na illa de San Martín de Pajarales fixemos a primeira inmersión nestas augas coralinas e observamos coas gafas de buceo da Miri, que tanto viaxaron, os primeiros peixes de cores e os primeiros corais das máis diversas formas. Tamén catamos os primeiros ourizos, aínda que non gastronomicamente.

Despois desta parada dirixímonos cara o lugar onde pasamos estos días, Playa Blanca na illa Barú. Aqui adicámonos a mirar peixes de cores e corais, pasear pola praia, a ler, a xogar ao xadrez .... e hamaquear en xeral (despois de tanto cargar coas hamacas había que sacarlles partido).

As fotos falan por si solas así que....





























A continuación deixamos unha pequena mostra dalgúns dos peixes que observamos por estes lares (as fotos non son nosas)

peixe loro
Abudefduf saxatelus

Peixe ciruxán azul do Caribe

Ronco Francés
Peixe bolboreta
Peixe Bolboreta de catro ollos
Peixe Cofre
Peixe Gruñidor
Saudos a tod@s!!

martes, 19 de abril de 2011

Por fin.... O CARIBE!!!!!!

Aquí seguimos por terras colombianas. Os ultimos días os pasamos en Medellín, que ademáis de Pablo Escobar conta entre os seus fillos ilustres con Fernando Botero, e isto nótase na cidade que está chea de esculturas de dito autor. Os días que pasamos aquí visitamos o Xardín Botánico e máis o Planetario... a verdade e que non puidemos facer moita cousa máis xa que chovia de 4 da tarde en adiante todolos días (como supoñemos que a choiva non vos da envexa omitimos as fotos destos momentos). 
Ao deixar Medellín fumos moi conscientes do que estaba por vir xa que a parada de metro da estación de autobuses chámase Caribe...






 .... así que aquí estamos!!!! Na fermosa cidade de Cartagena, Cartagena de Indias, Cartagena la Heroica .... en fin Cartagena a do Caribeee!!!!
Por agora só nos deu tempo de mirar por riba a cidade mentres que íamos darnos o noso primeiro chapuzón do Caribe e resolviamos os trámites para pasar uns días no "Parque Nacional Natural Islas del Rosario". 

Despois de voltar xa vos contaremos un pouco máis sobre Cartagena e o Parque.

Saudos a tod@s!!!



jueves, 14 de abril de 2011

NO HEMISFERIO NORTE

Xa estamos en Colombia!!!!

A primeira parada foi na cidade fronteiriza de Ipiales onde visitamos o Santuario de a “Virgen de las Lajas”, unha guapada de igrexa nun fermoso val. O lugar ten tódolos elementos característicos dun verdadeiro santuario: igrexa, manantial de auga milagreira, postiños de comida e postiños de souvenirs horteras e demais trangalladas.

Logo de moitas horas de viaxe chegamos a vila de Popayán, fermosa e típicamente colonial cun casco histórico de casas baixas e brancas. Aquí confirmamos o que xa descubríramos fai un tempo con compañeiros de viaxe, o agradable carácter das xentes colombianas e a súa ampla cultura musical no que se refire ao punk e rock do outro lado do charco, especialmente Eskorbuto.

Aquí puidemos probar o máis afamado producto do país ………. O CAFÉ! A parte no apartado gastronómico tamén destacar que xa probamos as “panelitas” e por fin o xugo de cana de azucre, todo boísimo.

Por último no apartado estético, xa que vemos que vos fixades en todo, destacar os nosos novos cortes de pelo de 1 Euro….. non é que quedaramos moi ben pero o prezo era moi tentador.

Hoxe continuamos a viaxe cara ó norte, á procura do tan ansiado Caribe!... xa nos falta menos!

Saudos a tod@s!









Secadeiro de café improvisado na rúa