Despois de visitar a Guajira entendes porque os colombianos que a coñecen falan con esa tenrura dela. A Guajira é unha península que está no extremo máis ao norte de Sudamérica a maior parte pertence a Colombia e outra pequena parte a Venezuela, pero as leis da Guajira son as que imperan. A cultura Wayuu que domina a zona dende tempos precolombinos, resistiron á conquista española e hoxe en día manteñen as súas costumes e o seu idioma moi arraigadas. Tal é a autonomía da Guajira, que por esta fronteira Venezuela-Colombia os indíxenas teñen libre circulación sen nengún tipo de aduana.
Dentro da Guajira coñecimos dende cidades como Rioacha o principal núcleo, ata rincóns inóspitos onde non chegas se non vas a posta (aínda así é complicado) como o Cabo la Vela. Este confín do mundo, polo menos esta é a sensación que che da ao visitalo, posúe unha paisaxe desértica xunto con un mar que parece inmenso e moi tranquilo. Isto transmite unha sensación moi especial difícil de explicar pero compartida por moitos viaxeiros cos que nos atopamos.
A costa deste cabo é maiormente praia pero algunhas destes lugares son espectacularmente singulares, como "ojo del agua" lugar sagrado para os indíxenas Wayuu. Pero en xeral tódalas praias son fermosas e solitarias e a visitalas en calurosas camiñadas foi ao que nos dedicamos estos días.
Saudos a tod@s!