jueves, 30 de diciembre de 2010

Cara a selva

Retransmitindo dende Santa Cruz:

Despois de un paso por Potosí e Sucre, agora estamos a preparar viaxe para dirixirnos todos xuntos ao Parque Nacional Noel Kempff, lugar con un montón de biodiversidade.

As conexións á rede en Bolivia son un pouco lentas, por eso baixamos o ritmo de publicacións, e por outra banda a cámara fotográfica esta estropeada polo momento ata atopar un servicio técnico, polo que non podemos publicar as fotos. Así que tentaremos que a próxima entrada do blog sexa un pouco mellor.

Polo resto os catro estamos ben, pasando bastante calor e desfrutando coma sempre.

Saudos!

sábado, 25 de diciembre de 2010

O DÍA DA TRADICIONAL FESTA DA BIRRA

Saudos!!

Ainda que o outro lado do charco, as tradicións non se poden perder. Aqui deixamos as fotos para que vexades que celebramos o día da tradicional festa da birra.

Ainda que polo messenger e sen podernos ver fíxonos moita ilusión "teclear" cos presentes na festa da birra en Compostela, Ibiza e Donosti.... sodes caralludoooooos!!!




jueves, 23 de diciembre de 2010

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Cruzando o deserto. Xa estamos en Bolivia!!

Saudos a tod@s!!!

(e moi especialmente aos que vos animades  nos comentarios do blog xa que nos fai moita ilusion recibir novas e saudos vosos!)

Aqui Miri e Lois retransmitindo dende Uyuni. Aclarar que non podemos poñer as fotos de Isi e mais Pepiño porque non as temos todavia xa que estos esperannos en Potosi, ahi chegaremos maña e poderemos colgalas.

Polo de agora deixamosvos unha pequena seccion das nosas fotos do camiño ata Uyuni. Foron 3 dias nos que subimos ata 4800metros de altura e recorrimos paisaxes deserticas inexplicables, polo que o mellor testimonio son as fotos que van a continuacion. Coma sempre, pasamolo en grande e coñecimos a xente xenial!

Continuamos a cambiar "oro por baratijas" con moi bos resultados (as fotos disto non as temos pero chegarannos en breves via mail, e subiremolas que non teñen perdida!)

Para a xente da X.A.: CABRONS!!! xa vemos que temos que marchar ata o outro lado do mundo para que vos poñades as pilas!!! pero fainos moitiiisima ilusion que vaiades a organizar un SanKa tan guapo! queremos fotos e videos!!!

































´
ATENCION: CARTAZ CON SESEO

domingo, 19 de diciembre de 2010

Por el camino del desiertoooo el viento nos despeinaaaa!!!

Saudos a tod@s!!!!

Aqui Lois e máis Miri escribindo dende o medio do deserto, San Pedro de Atacama, para contavos brevemente (xa que esta vila é mega-cara) o que foron estos días.

Saimos de Santiago con dirección a San Pedro (... parece que seguimos pola casa con estes nomes) coa requerída paradiña na praia tal e coma prometéramos na anterior entrada do blog. A praia xenial e millor ainda a xente que coñecemos nela, con pena tivemos que marchar de alí para proseguir a viaxe xa que tiñamos o billete comprado para atoparnos cos nosos compañeiros de viaxe. Pouco a pouco fumos adentrándonos nunha paisaxe máis e máis árida, centos de quilometros de terra, rochas e area ata atopar o oasis de San Pedro onde volvemos atopar o verde das árbores.

Aquí atopámonos todos e voltamos tomar camiños diferentes. Isi e pepiño van de camiño cara Bolívia vía vilas fronteirizas mentres que nos imos aló atravesando o Salar de Uyuni.

Aquí deixamos unhas fotiños da praia, San Pedro e una visita as Lagunas de Cejar, Ojos del Salar e Laguna de Tebinquinche. Na primeira delas puidemos flotar xa que ten un nivel de concentración salina 7 veces superior a do Mar Morto (comprobaredes a sal pola cor que nos quedou jejejeje).

Aprobeitamos para desexarlle a todol@s colegas un FELIZ DÍA DA TRADICIONAL FESTA DA BIRRA por adiantado!!!!!















miércoles, 15 de diciembre de 2010

De Santiago me voy, despacito .....

Saudos a tod@s!!!

Aqui o grupo da cidade (Miri e Lois retransmitindo dende Santiago), non pensedes que voltamos xa a casa tan pronto... dende Santiago de Chile. Temos novas do equipo montaña: non sabemos todavia se conseguiron a súa mision de subires o volcan pero todo apunta a que sí. cando nos xuntemos contarán a súa experiencia seguro que máis que contentos!! por agor van de camiño a San Pedro de Atacama, no deserto mís árido do mundo.

Pola nosa parte, vimos de pasar 3 días nesta gran cidade na que disfrutamos de un tempo espectacular e na que puidemos facer e coñecer un monton de cousas e lugares novos. Atopámonos de pleno nun pais con paro de funcionarios, polo que as rúas estaban repletas de manifestantes que se xuntaban díante dos súas sedes de traballo para revindicar os seus dereitos. A xente de traxe tamén se manifesta!!! Sumerxímonos nun mercado impresionante no que puidemos disfrutar de comprar un monton de frutas e verduras sabrosíiiisimas,
visitamos o Museo de Arte Precolombino no que coñecimos o pasado artistico-cultural do continente antes do espolio dos europeos e no Museo de la Memoria y de los Derechos Humanos aprendimos máis sobre a historia actual de Chile dende o Golpe de Estado de Pinochet ata o final da dictadura.

Este último merece un pequeno comentario a parte. Nel puidemos comprobar o gran sofremento do pobo Chileno durante eses anos, coa tortura sistemática por parte das forzas represivas, e os máis de 200.000 desaparecidos. Este lugar brinda un homenaxe a todas estas víctimas (e como víctimas queremos dicir todala xente que viviu baixo este réximen) permitindo que estos feitos non caian no esquecemento e dando boa mostra de cómo sucederon as cousas, dende as primeiras horas do golpe de Estado, as torturas nas cárceres con testimonios directos, o goberno de Pinochet, os diferentes plesbicitos.... canta falla fai un museo así na nosa terra!

Tamén destacar: o garito de Los Brothers... catro rastafaris que cociñan "de muerte"! no que nos acabamos de pegar unha panzada caralluda tope vegeta! As birritas dos bares, nos que a litrona custa 1000 pesos (menos de dous euros) e os pedazo almorzos do hostel no que estabamos con frutitas, cereais, te, tostas......

Sen máis despedímonos xa que un bus nos espera para levarnos a praiuqui onde imos pasar o día de mañán dandonos numerosos chapuzóns (sí, isto último é só para dar envexa, jejejeje) antes de pillar outro bus que nos leve cara o deserto para atoparnos cos nosos compañeiros!!!