domingo, 19 de diciembre de 2010

Por el camino del desiertoooo el viento nos despeinaaaa!!!

Saudos a tod@s!!!!

Aqui Lois e máis Miri escribindo dende o medio do deserto, San Pedro de Atacama, para contavos brevemente (xa que esta vila é mega-cara) o que foron estos días.

Saimos de Santiago con dirección a San Pedro (... parece que seguimos pola casa con estes nomes) coa requerída paradiña na praia tal e coma prometéramos na anterior entrada do blog. A praia xenial e millor ainda a xente que coñecemos nela, con pena tivemos que marchar de alí para proseguir a viaxe xa que tiñamos o billete comprado para atoparnos cos nosos compañeiros de viaxe. Pouco a pouco fumos adentrándonos nunha paisaxe máis e máis árida, centos de quilometros de terra, rochas e area ata atopar o oasis de San Pedro onde volvemos atopar o verde das árbores.

Aquí atopámonos todos e voltamos tomar camiños diferentes. Isi e pepiño van de camiño cara Bolívia vía vilas fronteirizas mentres que nos imos aló atravesando o Salar de Uyuni.

Aquí deixamos unhas fotiños da praia, San Pedro e una visita as Lagunas de Cejar, Ojos del Salar e Laguna de Tebinquinche. Na primeira delas puidemos flotar xa que ten un nivel de concentración salina 7 veces superior a do Mar Morto (comprobaredes a sal pola cor que nos quedou jejejeje).

Aprobeitamos para desexarlle a todol@s colegas un FELIZ DÍA DA TRADICIONAL FESTA DA BIRRA por adiantado!!!!!















6 comentarios:

  1. Ola!!
    Xa iba tocando q comentase algo, non? Jeje...Bueno, ainda q non comentara nada ata agora, q saibades q miro o blog case tódolos días a ver se hai algo novo, e q acórdome moito de vós!
    Por certo, faláronme dunha cidade abandoada en Uyuni q é patrimonio da humanidade, teño moita curiosidade por vela, así q se ides sacade moitas fotiños!
    Veña, coidádevos moito, comede ben e moito coidadiño co sol! Q saibades q estades moi guapos!!
    Bicos mil!!

    ResponderEliminar
  2. xa estivo pura aquí, e veu as fotos, que o sigades pasando tan ben e estando tan guapos, moitos bicos da sua parte E DE GERVA.
    que sepades que teño un novo amigo en facebook, se chama pulque vivalabasura, jajajajajajajaja.
    LOIS, OS PANTALOS QUEDARON ASI DA ROÑA OU DA SAL?, JAJAJAJAJAJAJA.
    MOITOS BICOS DENDE FERROL, CON MOITA CALORRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRR.

    ResponderEliminar
  3. boas rapaces!!!!!! non fai falta q vos pregunte q, q tal estades, pq a situacion ten q ser inmelloreble!!!. Toda-las fotos son increibles e iso q seguro q seran o doble de impresionantes en persoa.
    Por aqui fai un frio q pela! ( hasta de vez en cando me ponho pantalons largos!! ), pero non van a ser todo malas novas, manhan e o SUPER DIA DA BIRRRA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! e o cartel de San Kanuto e IMPRESIONANTE, haberá mogollon de cousas pq mogollon de xente se esta prestando a colabolar: a caixa de tambora, ( q fai obradoiro e pasrruas ) MAD - XAU ( si lois SII!!! ) , Leo e Arremecaghona ( q o mellor ven con sorpresa ) e algunhas cousas mais q seguro q me olvido.
    Bueno votamosvos mogollon de menos ( eu mais pulque ), pero pasmo-lo bomba non o duvidedes!!!

    un bico, unha aperta e un guau guau dende comopstela con amor.

    p.d. queremos fotos de pepinho e isi!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Vaia! acabo de botarlle unha ollada á bitácora e que envexa de fotos!!
    Creo que nos vai gustar máis lervos a vos que ver Galegos polo mundo, seguímosvos!!

    ResponderEliminar
  5. QUE SALADITOSSS!! SEGUIS DANDONOS ENVIDIA.
    LA LOTERIA NA DE NA...
    CHOVE...CHOVE... PERO DISFRUTAMOS CON VUESTRAS FOTOS Y AVENTURAS......

    BESIÑOS

    ResponderEliminar
  6. Solmáforo!!! que modernos, por aquí seguimos tendo fé no Galo de Portugal que varía de cores...Miri.. tenho uma curiosidade, esa parte de arriba do bikini..que pasa??? hai persecución?? como o ves??? nom sei, fíxoseme graro graro graro....muak!!!

    ResponderEliminar