domingo, 12 de diciembre de 2010

Estos días en Pucon

Mari! Mari! ("ola!" na lingua Mapuche)

Nos últimos días o grupo volveu a converterse en dous grupos de dous. Por unha banda Isi e Pepinho (ou o xa clásico grupo montaña) tentaron ir a reserva de El Cañí, bosque de araucarias protexido gracias ao esforzo da poboación local, e coronar o volcán Villarrica. Os intentos foron fallidos por mor das condicións climáticas adversas. A reserva de El Cañí estaba demasiado nevada para poder achegarse, e a subida do volcán tivo que quedar a medias pola forte ventisca. Pero todo isto polo momento, porque o equipo montaña quedará un par de días máis en Pucón ata que mellore o tempo e poidan cumplir os seus obxetivos. Cando teñamos as fotos dos obxetivos cumplidos colgarémolas no blog, pero mentres para que vos fagades á idea deixamosvos uns "roubados" do volcán.



Pola outra banda Miri máis Lois (ou "equipo manifa") foron dar o seu apoio a unha marcha Mapuche pola defensa do territorio. A marcha pola conservación do patrimonio natural e cultural dun lugar sagrado para eles nas inmediacions dun volcán no que queren instalar unha mina de pedra pómez, unhas centrais hidroeléctricas e algunhas piscifactorías. A que resultan familiares?
A marcha partiu de Curarrehue ata Flor de Valle, pola distancia tivo que realizarse en dúas etapas. Dous días nos que puidemos convivir con eles, aprender un monton da súa cultura, gastronomía e comprender o seu amor pola terra que habitan. O primeiro día a marcha so a puideron completar os que tiñan cabalo, o resto tivemos que conformarnos con ir 42 kílómetros nun bus que metia medo por unha pista que metía máis medo ata chegar á primeira comunidade onde nos recibiron con brazos abertos cunha gran cea Mapuche e un sitio espléndido onde nos aloxaron. O lugar era a escola de Reigolil unha fermosa vila, situada nun maravilloso val.
O segundo día tocounos madrugar para marchar ata o lugar onde se realizaría  a ceremonia na que pedirían aos seus deuses que lle dera forza para continuar a sua loita e de paso reivindicar e unir a xente para poder parar os proxectos do estado e das empresas na zona.  Ahí vos deixamos as fotos, xa vos contaremos máis destos días inonvidables.













5 comentarios:

  1. Mari!!! mari!! que bonitas las del volcan ,no parecen reales...
    Los ¨¨mapuches¨¨ mu guaposss....
    La bandera mu lograda
    Os veo muy integrados, mas a Miri (por lo del poncho)
    Animo a los montañeros si pueden lograr su objetivo...

    Besiño pa 4

    ResponderEliminar
  2. tinhades q andar buscando umha mani por ai, nom vos valedes sem ir a umha jejejeje.

    ResponderEliminar
  3. HOLA "CHILENOSSSSS".
    SI PASAIS POR VALPARAISO OS DOY LA DIRECCION DE KATY WERGEN,UNA MAPUCHE QUE VIVIA EN FEROL Y SE VOLVIO PARA SU PAIS HACE POQUITO.
    ERA POR SI ME OLVIDABA.
    AHORA SI, ESPERO QUE LO ESTEIS PASANDO MUY MUY BIEN, Y QUE LOS MONTAÑEROS LOGRARAN SU PRIMERA CUMBRE. A VER SI SUBÍS LAS FOTOS.
    POR CIERTO MYRI, EL PONCHO ERA PRESTADO?, PORQUE ME GUSTA PARA MI, (QUE PEDICHONA ES LA TITA MONTSE, JEJEJEJEE).
    POR CIETO, YA ESCRIBI LA CARTA DE LOS REYES, SI QUIERES MANDAME LA TUYA POR MENSAJE, TOTAL NO LE VOY A HACER CASO HASTA QUE VENGAIS :)
    MOITOS BICOS PARA TODOS E SEGUIDE PASANDOO MOI BEN,

    ResponderEliminar
  4. Pepinho, saúdos ós "mapuches" e para vos moitos bicos. Abrigarse ben que fai moito frío.

    Nota : O Ribasar vai de segundo(soben dous).

    ResponderEliminar
  5. que pares!

    tremendo volcán. aos montañeiros igual lles fai ilusión saber que hai quen chegou o destiño despois de moitas tempestas
    (e coma tamén son colegas, ahí volo deixo)

    http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/finaliza-peregrinacion-larga/idEdicion-2010-12-06/idNoticia-617922/

    Bicos e enerxías
    lapacayelsudaca

    ResponderEliminar