miércoles, 15 de diciembre de 2010

De Santiago me voy, despacito .....

Saudos a tod@s!!!

Aqui o grupo da cidade (Miri e Lois retransmitindo dende Santiago), non pensedes que voltamos xa a casa tan pronto... dende Santiago de Chile. Temos novas do equipo montaña: non sabemos todavia se conseguiron a súa mision de subires o volcan pero todo apunta a que sí. cando nos xuntemos contarán a súa experiencia seguro que máis que contentos!! por agor van de camiño a San Pedro de Atacama, no deserto mís árido do mundo.

Pola nosa parte, vimos de pasar 3 días nesta gran cidade na que disfrutamos de un tempo espectacular e na que puidemos facer e coñecer un monton de cousas e lugares novos. Atopámonos de pleno nun pais con paro de funcionarios, polo que as rúas estaban repletas de manifestantes que se xuntaban díante dos súas sedes de traballo para revindicar os seus dereitos. A xente de traxe tamén se manifesta!!! Sumerxímonos nun mercado impresionante no que puidemos disfrutar de comprar un monton de frutas e verduras sabrosíiiisimas,
visitamos o Museo de Arte Precolombino no que coñecimos o pasado artistico-cultural do continente antes do espolio dos europeos e no Museo de la Memoria y de los Derechos Humanos aprendimos máis sobre a historia actual de Chile dende o Golpe de Estado de Pinochet ata o final da dictadura.

Este último merece un pequeno comentario a parte. Nel puidemos comprobar o gran sofremento do pobo Chileno durante eses anos, coa tortura sistemática por parte das forzas represivas, e os máis de 200.000 desaparecidos. Este lugar brinda un homenaxe a todas estas víctimas (e como víctimas queremos dicir todala xente que viviu baixo este réximen) permitindo que estos feitos non caian no esquecemento e dando boa mostra de cómo sucederon as cousas, dende as primeiras horas do golpe de Estado, as torturas nas cárceres con testimonios directos, o goberno de Pinochet, os diferentes plesbicitos.... canta falla fai un museo así na nosa terra!

Tamén destacar: o garito de Los Brothers... catro rastafaris que cociñan "de muerte"! no que nos acabamos de pegar unha panzada caralluda tope vegeta! As birritas dos bares, nos que a litrona custa 1000 pesos (menos de dous euros) e os pedazo almorzos do hostel no que estabamos con frutitas, cereais, te, tostas......

Sen máis despedímonos xa que un bus nos espera para levarnos a praiuqui onde imos pasar o día de mañán dandonos numerosos chapuzóns (sí, isto último é só para dar envexa, jejejeje) antes de pillar outro bus que nos leve cara o deserto para atoparnos cos nosos compañeiros!!!












7 comentarios:

  1. Que buena temperatura 26º cuidadin por la noche baja hasta 12º. Seguid disfruttando y culturizando, gastrononicamente, popularmente , etc.....etc.... mente......

    UN BESAZO
    Saludos a los montañeros y otro BESAZO

    ResponderEliminar
  2. Pepiño, non te esquezas de saudar a teu primo Alberte Aboi, que te vota de menos. Podes visitar a nosa páxina "furiaac.com" e verás que seguimos sendo todos guapisimos. Moitos bicos para Chile e para vos tamén.
    Ah!!! Falei de vos no meu "feisbúc".

    ResponderEliminar
  3. Hola chicos!! Que sepais que sigo vuestras aventuras..... Pasadlo muy bien.

    BESOS

    ResponderEliminar
  4. por aqui tambien andamos de manga sisa y gafitas de sol

    ResponderEliminar
  5. Hola!!! Somos MARITA, NOELIA,(novia de Julito) y el mismo Julio...
    Ya vemos que os lo estais pasando como os mereceis, aunque desde aqui parece que estais un poco locos .. jejejejeje..
    Las fotos son preciosas, envidia sana de lo bonito que es y lo que estais viviendo.
    Desde aqui (LUGO) os deseamos que siga siendo tan bonito e intenso como hasta ahora.

    BESOTEEEEESSSSSSS

    ResponderEliminar
  6. Hoxe estamos a repousar da cea-festa de onte que foi impresionante. Hai que coidarse. O Furia descansou e o Ribasar gañou, polo que vai de segundo.
    Coidarse moito e, de vez en cando,lavádevos. Moitos bicos.
    P.D.: Estes de "Lugo" son de dentro da muralla ou son dos da fora?

    ResponderEliminar
  7. Que bonito!! Que emocionante!! Algum día pisaré las calles nuevamente de lo que fué Santiago ensangrentada...duro pero real, oxalá poda cheirar todo eso em persoa..mentres tanto disfrutoo grazas a vos...que guapo o museo precolombino!!! pero que reketemuak!!!!

    ResponderEliminar