miércoles, 23 de febrero de 2011

LIMA-limón

Por aquí seguimos en Lima unha cidade enorme (e cando dicimos enorme  é ENOOOOOORME) na que hai un montón de cousas que ver e facer, e moitas delas gratuitas. Por isto alargamos a nosa estancia nesta cidade.
Puidemos visitar a casa do goberno, antigua vivenda de Pizzarro, un palacio inspirado no de Versalles; o museo da Inquisición no que aprendimos de onde veñen as expresiones “fechado a cal e canto” (dos canais de auga que estaban fechados con estes materiais para que non entraran residuos) e tamén “Levar o Sanbenito”(traxe que vestías  cando ías a cumplir a pena que te dictaba  a Inquisición). Tamén fumos ó museo da Nación onde te contan a Historia de Perú a través das súas expresións artísticas con unha interesante sala adicada ao Indixenísmo (movemento cultural de principios do século XX que intenta recuperar a importancia das raíces indíxenas do Perú). Neste museo tamén hai unha sala adicada aos conflictos internos armados de Perú protagonizados por Sendero Luminoso, o Movemento Revolucionario Tupac Amaru e o exército que tiveron coma resultado case 70.000 mortos e desaparecidos .   Visitamos tamén a Huaca Pucllana , unha pirámide da cultura Lima que fixo de centro ceremonial pero a que non puidemos entrar por que os martes está fechado…. Na casa de Literatura Peruana puidemos asistir ó teatro a ver “El mercader de Venecia”.
A parte do “rollo cultureta”  por fin probamos o famoso ceviche!!!! Esto é unha comida tipiquiiisima da costa peruana que estendeuse por todo o país e que consta de carne ou pescado ou marisco (ou todo mezclado) con zume de lima que aquí lle chaman limón, sal, cilantro, as veces apio…. Para nós, a opción vexetariana levaba champis, tofu e seitan; e estaba boiiisimo!
A grandes rasgos Lima é unha cidade con máis de vinte barrios algúns moi ben cuidados e outros super chic (os recomedados para os tourist, claro!) e a xente é moi moi larpeira xa que polas rúas non deixas de atopar un millón de postos onde comer doces, froita ou calquera outra cousa que se pase pola cabeza.
Por aquí seguiremos antes de marchar cara a Praia en principio na zona de Trujillo.
Saudos a tod@s!










sábado, 19 de febrero de 2011

OASIS DE HUACACHINA (Ou cumple da Miri)

Despois de tantos anos (25) pasando o cumpleanos nunhas datas máis que chuviosas os 26 tocou celebralos  por fin en pleno calor… e donde fai máis calor que nun oasis??? Pois alí fumos!
Tremendas dunhas e tremendo deserto , unha paisaxe inolvidable.  Puidemos disfrutar duns días de calorciña, piscina e  sandboard  moi divertidos. Tampouco faltou a festa de cumpleanos con “tarta” e todo.
Tras un intento fallido de ir a unha Praia maravillosa acabamos en Paracas, onde a Praia non era tan bonita pero incluso sen entrar na reserva natural puidemos observar un motón de fauna distinta incluidos moitos e divertidos pelícanos!!
Agora estamos en Lima (grande coma un mundo!) intentando coñecela un pouquiño…xa vos contaremos!
Saudos a tod@s!!!












lunes, 14 de febrero de 2011

NAZCA E AS SÚAS ENIGMATICAS LIÑAS

Temos boas novas para os de "ahí" e malas para os de "aquí", o Pepiño marchou hoxe de volta para Galiza...
so quedamos dous dos catro que comezamos a viaxe.... quen será @ próxim@???


Despois de Cuzco vimos cara a costa, cerquiña do mar (ainda que por agora non chegamos) facendo parada na calurosa e misteriosa rexión de Nazca, onde so chove 3 horas ao ano (ou 3 días ou 3 veces... non nos quedou moi claro...)

Despois das numerosas enchoupadas que collimos nos últimos tempos decidimos que a calorciña era e mellor elección!!!

Por aqui puidemos darnos uns chapuzóns na piscina do hostal para refrescarnos da potente calor que fai por este deserto... onde se atopa a duna mais grande do mundo cunha altura de máis de 2000 metros.... e enorme!!! por aqui chámana cerro blanco xa que parece unha montaña do grande que é. Tamén aproveitamos o momento para probar un par de froitas novas... o maracuiá e a granadilla a primeria ácida (como podedes ver na foto e a segunda doce) moi ricas as dúas!


Tamén puidemos observar un dos mistertios sen resolver das culturas preincas máis famoso do mundo... as liñas de Nazca! Nun primerio momento fumos a un mirador para ver dúas das figuras, a árbore e as mans pero o día seguinte..... tachaaaan!!!! Miri puido sobrevoar as figuras todas e velas dende o aire!!!!! (gracias ao Lois, que lle fixo un tremendo agasallo de cumpreanos por adiantado!!!!). No aeroporto puidemos comprobar que ademais da Miri tamen van xaponeses a ver as figuras estas xa que estaba todo colapsado por eles.

Mañá partimos cara o oasis de Huacachina a seguir desfrutando da calor e a ver se nos atrevemos co sandboard (ainda que todavía temos que estudiar o impacto ecolóxico de esta actividade para decidirnos....)

Saudos a tod@s!













viernes, 11 de febrero de 2011

Mollepata - Salcantay - MACHU PICCHU!!!!!

(De antemán pedimos disculpas polo tempo que vos vai tardar en cargar esta páxina pola cantidade de fotos que ten… e que foi moi difícil a selección!!! Ainda temos un cento máis para cando cheguemos poder ensinarvos…jiojiojio)

Comezando polo principio…

O comezo so había tinieblas…. non, non este principio non….

A idea de ir camiñando a Machu Picchu levanos rondando a cabeza durante estos tres meses, dende que nos enteramos de que era posible facer o camiño por unha ruta alternativa ao Camiño Inca (fechado en Febreiro e impracticable para o noso presuposto). Conseguir os mapas, os percorridos e a información xeral para poder realizalo foi o comezo da nosa boa sorte (atraída polo trébol de catro follas que atopou o Isi no BolsónMágicoyNatural alá por Novembro e que gardamos na páxina do Machu Picchu da Lonely , “a Loly”, durante toda a viaxe). Conseguir a información foi gracias a axuda dos rapaces de www.ruteandoporlosandes.com , cos que compartimos albergue en Cusco.

Nas nosas mochilas trocamos as trangalladas e a roupa por comida e emprendimos viaxe cara a ruta do Salkantay. Resumindo o percorrido para que vos “situedes” cando vexades as numerosas fotos: saimos de Cusco a Mollepata nun taxi para comezar o primeiro día de camiñata ata Cruz Pata. Alí acampamos, durmimos, nos enchoupamos e proseguimos camiño o segundo día cara Salkantaypampa (con parada obligatoria para poder poñer a secar de novo a tenda e papear algo).

Salkantaypampa, como o seu nome indica, é una pampa a beira do Salkantay (a montaña nevada das fotos 6000 e pico metros). Alí durmimos rodeados de vacas e cabalos que querían comer a nosa tenda de campaña. Se non nos chegara con isto a partir de aquí comezou a aventura de verdade….

Fixemos acopio de forzas e o terceiro día de viaxe subimos ata os 4600 metros que ten o paso do Salcantay para logo baixar e baixar e baixar atravesando  vals, ríos, derrumbes, neboeiros… buscando “a pampa prometida” (polo itinerario de viaxe que levábamos) para poder pasar a noite…. En total 9 horas camiñando sen contar as paradas para acabar durmindo sobre caca de chancho na casiña dun bo home que nos deixou montar a carpa para pasar alí a noite.

O día seguinte acabamos facendo un pouco de trampa e despois dunhas horas de camiñata collimos una combi que nos adiantou uns quilómetros e logo tivemos a sorte que un camión de gasoil cuns conductores moi amables achegáronnos outros poucos quilómetros ata a central hidroeléctrica (principio da vía do tren que se pode seguir para chegar ata Aguas Calientes – vila base para a visita a Machu Picchu). Tras dúas horas máis seguindo a vía do tren chegamos ….. E MERCAMOS AS ENTRADAS!!!!!!!!!

Bueno… e Machu Picchu… EXPECTACULAR!!! (esta historia reservamola para o directo)

Agora estamos de regreso no Cusco, cun camino de volta que case foi máis aventura que o de ida, iso que voltamos en transporte motorizado…. salvo no paso de derrumbes con pedriñas caendo e todo…

Saudos a Tod@s!!

p.d.: por se alguén dudaba da existencia da Porta de Machu Picchu ahí vai a ultima foto… Pepiño.