viernes, 11 de febrero de 2011

Mollepata - Salcantay - MACHU PICCHU!!!!!

(De antemán pedimos disculpas polo tempo que vos vai tardar en cargar esta páxina pola cantidade de fotos que ten… e que foi moi difícil a selección!!! Ainda temos un cento máis para cando cheguemos poder ensinarvos…jiojiojio)

Comezando polo principio…

O comezo so había tinieblas…. non, non este principio non….

A idea de ir camiñando a Machu Picchu levanos rondando a cabeza durante estos tres meses, dende que nos enteramos de que era posible facer o camiño por unha ruta alternativa ao Camiño Inca (fechado en Febreiro e impracticable para o noso presuposto). Conseguir os mapas, os percorridos e a información xeral para poder realizalo foi o comezo da nosa boa sorte (atraída polo trébol de catro follas que atopou o Isi no BolsónMágicoyNatural alá por Novembro e que gardamos na páxina do Machu Picchu da Lonely , “a Loly”, durante toda a viaxe). Conseguir a información foi gracias a axuda dos rapaces de www.ruteandoporlosandes.com , cos que compartimos albergue en Cusco.

Nas nosas mochilas trocamos as trangalladas e a roupa por comida e emprendimos viaxe cara a ruta do Salkantay. Resumindo o percorrido para que vos “situedes” cando vexades as numerosas fotos: saimos de Cusco a Mollepata nun taxi para comezar o primeiro día de camiñata ata Cruz Pata. Alí acampamos, durmimos, nos enchoupamos e proseguimos camiño o segundo día cara Salkantaypampa (con parada obligatoria para poder poñer a secar de novo a tenda e papear algo).

Salkantaypampa, como o seu nome indica, é una pampa a beira do Salkantay (a montaña nevada das fotos 6000 e pico metros). Alí durmimos rodeados de vacas e cabalos que querían comer a nosa tenda de campaña. Se non nos chegara con isto a partir de aquí comezou a aventura de verdade….

Fixemos acopio de forzas e o terceiro día de viaxe subimos ata os 4600 metros que ten o paso do Salcantay para logo baixar e baixar e baixar atravesando  vals, ríos, derrumbes, neboeiros… buscando “a pampa prometida” (polo itinerario de viaxe que levábamos) para poder pasar a noite…. En total 9 horas camiñando sen contar as paradas para acabar durmindo sobre caca de chancho na casiña dun bo home que nos deixou montar a carpa para pasar alí a noite.

O día seguinte acabamos facendo un pouco de trampa e despois dunhas horas de camiñata collimos una combi que nos adiantou uns quilómetros e logo tivemos a sorte que un camión de gasoil cuns conductores moi amables achegáronnos outros poucos quilómetros ata a central hidroeléctrica (principio da vía do tren que se pode seguir para chegar ata Aguas Calientes – vila base para a visita a Machu Picchu). Tras dúas horas máis seguindo a vía do tren chegamos ….. E MERCAMOS AS ENTRADAS!!!!!!!!!

Bueno… e Machu Picchu… EXPECTACULAR!!! (esta historia reservamola para o directo)

Agora estamos de regreso no Cusco, cun camino de volta que case foi máis aventura que o de ida, iso que voltamos en transporte motorizado…. salvo no paso de derrumbes con pedriñas caendo e todo…

Saudos a Tod@s!!

p.d.: por se alguén dudaba da existencia da Porta de Machu Picchu ahí vai a ultima foto… Pepiño.







































8 comentarios:

  1. Machu picchu!!! E eu ademáis con primicia!! Jejeje...Q envidia, rapaces!! Salvo polo de durmir no esterco! Jejeje...E q ganas de oír tódalas historias en persoa, non vos esquezades de nada! O outro día lembreime moito (máis) de vós pq fun ver También la lluvia, q xa vos contaron por aquí, se desenvolve en Cochabamba.
    Iso, seguídeo pasando tan ben como parece q o pasades e coidádevos moito! Mil bicos!!!
    Paula.

    ResponderEliminar
  2. Ola amijos!!!! canto tempo xa sen ver aljo do que fasedes xa vexo que non perdédelo tempo...oistes supoño que xa vos falaría desto o peludo do Borja pero a cousa e que non sei na tamerna do PELOTES pero no TALLON xa non se pode fumar nada dentro do jarito..díjobolo para que non protestedes ó chejar, xa tamos fartos de oir a peña laiar.... non hai máis.Un abraso con bajoas para todos. Pallinhas

    ResponderEliminar
  3. En dos palabras: IN PREZIONANTE!!!!

    Estamos en mi casa con tu madre y la abuela y acabamos de alucinar viendo las fotos ¡qué envidia! si son impresionantes en foto no me quiero imaginar cómo serán en realidad. Tenemos que empezar a hacer un peto para irnos para allá.
    Por aquí como siempre, hoy con un poco de sol y aprovechando para estar en el jardín (cañitas en el porche y Oporto de postre para tu madre y abuela que sabes que se cuidan muy bien).
    Besos y seguid disfrutando de la aventura.
    TODOS

    ResponderEliminar
  4. Uau ! Uau! Uau!.....É magnifico....Todo é magnifico....Agora o Oporto espero que sexa un bo "Quinta do Castro" do 2004 : Excelente.Bicos para todas e todos....(Teño mais referencias, outro día falarei do tema).

    ResponderEliminar
  5. oye
    ¿pero esto no sera todo un decorado?......
    parece de carton piedra.
    BESOS

    ResponderEliminar
  6. HOLA CHAVALES!!!!!!!

    Que orgulloso me sinto de vos jajaja éncheseme a boca falando da vosa viaxe e experiencia, vendo as fotos sorrío e alucino ó mesmo tempo, unha aperta moi forte... Disfrutade!!!!!

    ResponderEliminar
  7. Buah chaval!! Machu Picchu...ke pasada!!! Ke fotos mas chulas tendreis pa la posternidad jejeje!! Jo, hacía tiempo ke no entraba, pero ya me puse al día de todo!!! Miri, te brillan un montón los ojos en todas las fotos...será xq eres feliz!!! Millones de besos e apertunis!!

    ResponderEliminar
  8. Salkantay trek es la alternativa al Camino Inca a Machu Picchu y que ha sido recientemente elegido entre los 25 mejores Treks en el Mundo, por la National Geographic Adventure Travel Magazine.

    ResponderEliminar