miércoles, 23 de febrero de 2011

LIMA-limón

Por aquí seguimos en Lima unha cidade enorme (e cando dicimos enorme  é ENOOOOOORME) na que hai un montón de cousas que ver e facer, e moitas delas gratuitas. Por isto alargamos a nosa estancia nesta cidade.
Puidemos visitar a casa do goberno, antigua vivenda de Pizzarro, un palacio inspirado no de Versalles; o museo da Inquisición no que aprendimos de onde veñen as expresiones “fechado a cal e canto” (dos canais de auga que estaban fechados con estes materiais para que non entraran residuos) e tamén “Levar o Sanbenito”(traxe que vestías  cando ías a cumplir a pena que te dictaba  a Inquisición). Tamén fumos ó museo da Nación onde te contan a Historia de Perú a través das súas expresións artísticas con unha interesante sala adicada ao Indixenísmo (movemento cultural de principios do século XX que intenta recuperar a importancia das raíces indíxenas do Perú). Neste museo tamén hai unha sala adicada aos conflictos internos armados de Perú protagonizados por Sendero Luminoso, o Movemento Revolucionario Tupac Amaru e o exército que tiveron coma resultado case 70.000 mortos e desaparecidos .   Visitamos tamén a Huaca Pucllana , unha pirámide da cultura Lima que fixo de centro ceremonial pero a que non puidemos entrar por que os martes está fechado…. Na casa de Literatura Peruana puidemos asistir ó teatro a ver “El mercader de Venecia”.
A parte do “rollo cultureta”  por fin probamos o famoso ceviche!!!! Esto é unha comida tipiquiiisima da costa peruana que estendeuse por todo o país e que consta de carne ou pescado ou marisco (ou todo mezclado) con zume de lima que aquí lle chaman limón, sal, cilantro, as veces apio…. Para nós, a opción vexetariana levaba champis, tofu e seitan; e estaba boiiisimo!
A grandes rasgos Lima é unha cidade con máis de vinte barrios algúns moi ben cuidados e outros super chic (os recomedados para os tourist, claro!) e a xente é moi moi larpeira xa que polas rúas non deixas de atopar un millón de postos onde comer doces, froita ou calquera outra cousa que se pase pola cabeza.
Por aquí seguiremos antes de marchar cara a Praia en principio na zona de Trujillo.
Saudos a tod@s!










5 comentarios:

  1. Moi boas!!!
    Con que LIMA LIMÖN jejeje pois dende a silla na que estou sentado no traballo dame unhas ganas de ir pa Lima que non o podedes nin imaxinar, Lois vaia barbas, Miri todo o contrario ca Lois jejeje quédache/vos moi ben Sudamérica. Unha aperta moi forte aqui todo vai xenial...

    ResponderEliminar
  2. HOLA!!!
    GRACIAS AVENTUREROS POR CULTURIZARNOS TANTO,TAN BIEN Y TAN BONITO......
    LAS COMIDAS DEBEN DE ESTAR MUY BUENAS SE OS VE MUY BIEN ...... AUNQUE OS PERDEREIS MUCHAS RICAS CON ESTO DE NO COMER "CHICHA"...
    MUCHOS BESIÑOS ..... OTRO DE RAMON

    ResponderEliminar
  3. HOLA GUAPETONESSSSSS.
    MYRI, PEDAZO DE ALEGRIA QUE LE DISTE A ABUELA MARI AYER.
    SEGUN VEO Y ME CONTARON LOS DE LIMA, ESO ES PRECIOSO. TAMBIEN ME DIJERON QUE HAY MUCHOS MERCADOS CON FRUTAS Y VERDURAS QUE OS GUSTARAN MUCHO.
    YA VEO QUE TIENES BRINCOS NUEVOS, NON OS PERDASSSSSS, QUE OS TEÑO QUE ROBAR, JUAJUAJUAJUAJUA.
    BICOS DENDE CARANZA E SIGO PENSANDO O MESMO, LAVADEVOS QUE ESTADES MOUROS :-).

    ResponderEliminar
  4. MUY BIEN LOS COMENTARIOS....
    MUY BIEN LAS FOTOS....(queremos mas)
    MUY BIEN VOSOTROS....
    MUY BIEN NOSOTROS.....

    UN BESAZO..... MUUAAAAAAAA...........

    ResponderEliminar
  5. Pooooor fin!! rematei de poñerme ao día co blog, jajajaja

    Que tal rapaces?!? Boh! non sei para que pregunto, é máis que evidente que estades xenial!!

    A verdade e que sinto pena de non tervos seguido máis ao día, por que ler e ver o que compartides con nosoutros é tremendamente emocionante. Cada palabra e cada foto transmiteme unha densidade pouco menos que adictiva... cando poñedes algo novo?!?!!? jajajaja

    Prometo seguirvos ao día de hoxe en diante :-P

    Que todo vaia ben, unha aperta enorme. Dádelle un saúdo a esa terra tan tan tan tan maravillosa.

    ResponderEliminar