lunes, 31 de enero de 2011

ILLA DO SOL. PUNTO DE ENCONTRO


Por fin puxemos pé en terra inca, e decir, fixemos inca-pé. Na Illa do Sol puidemos comprobar que os incas eran un pobo inca-nsable e tiñan riquezas inca-lculables (*).
Pasamos uns días xeníais acampados nunha das praias da Illa e facendo algunha excursión que outra para conhecer as aldeas e as ruinas que por ela hai… pero o mellor foi poder bañarnos no lago Titicaca reiteradísimas veces!!!

Esta Illa e o lugar de nacemento do deus Sol para a cultura Inca así como tamén o lugar de orixe da súa propia civilización xa que nela naceron o primeiro inca e a primeria inca que sairon de aquí para fundar a cidade de Cuzco (capital do Imperio). As ruinas máis chulas son as de Chinkana, un “laberinto” no que estivemos a facer un pouco o parvo, construida ao lado da roca dende a que se supón que naceu o sol e tamén destacar a mesa de sacrificios.

Pero o millor do millor do millor do millorcíiisimo foi poder atoparnos de novo todos os que quedamos (xa que o Isi esta de volta… FELIZ REGRESO A GALIZA ISIMAYO!!!) máis un novo integrante do grupo o Borja!

Agora estamos a planear o resto da viaxe…

Saudos a tod@s!!!

*Non pensamos pagar dereitos de autor por estos chistes.

















martes, 25 de enero de 2011

TITICACA: MAIS JRANDE QUE A RÍA DE AROUSA!!!!

          Abandonamos a gran cidade da "Paz" para chegar a vila de Copacabana, á beira do lago Titicaca. O camiño resultou moi entretido xa que o fixemos en bus, en barco (mentres víamos o noso bus nunha minuscula plataforma de madeira flotar tras de nos) e outra vez en bus.

          En Copacabana puidemos ir a tradicional romería das Alasitas, contamosvos: esta festa baséase nunha tradición tiwanakota (sí os tiwanakotas andaban por todas partes) e consite en bendicer obxetos en miniatura para que se cumpla o desexo de poseelos na vida real. entre outras cousas bendícense casas, coches, maletas para ir de viaxe, diñeiro e cousas máis curiosas coma licorerías, tendas de ultramarinos, tresillos... Estas miniaturas son bendecidas con un rito moi complicado a base de inciensos, viño, cervexa e canticos aimaras e logo son entregados ao Equeco (que non temos nin idea de como se escribe) que é un boneco enorme con cousiñas colgando. Na festa consúmese moito alcol, moitas miniaturas...pero pouca artesanía galega. Sorprendeunos a presencia galega nos fubolines, aínda que aquí chámanlle "canchitas".

          Outras cousas que ofrece Copacabana son as expectaculares vistas do grandíiiiiisimo lago Titicaca, no que non se ve a outra beira (que se supón que é Perú), un montón de ruínas preincaicas e incaicas como a Horca do Inca (observatorio astronómico), o Asento do Inca e o Baño do Inca (supostamente lugar de purificación) e unha igrexa de influencia árabe. No Baño do Inca puidemos disfrutar dunha visita privada ao seu Museo Arqueolóxico guiada por tres irmáns aimaras de 12, 10 e 7 anos que o pasaron bomba sacandonos fotos e contandonos todas as cousas que fixera "O Inca".

Mañá partimos cara a Illa do Sol, na que pasaremos uns días.

Saudos a tod@s!!

Miri e Lois













sábado, 22 de enero de 2011

Coroico (moi rapido)

Estivemos nas terras de Coroico, terras fértiles  onde abundan as froitas exóticamente tropicais coma o mango, o maraculla, o aguacate e moitisimos tipos de plátanos como poderedes comprobar nas fotos.
Con esta cantidade de froitas foi inevitabel caer na tentación de tomar multiples xugos naturais, que por certo estaban riquiiisimos.
Entre tanta fertilidade tamén abundaban os cultivos de coca e café.
Os días que puidemos sair a pasear , porque hai que dicir que aquí si que chovia, máis ben diluviaba; fixemos a ruta das cascadas, todas moi bonitiñas nas que puidemos mollar os pes e algo máis… as botas.
Pasamolo moi ben, puidemos acampar de gratis e o mellor de todo… atopar a una amiga que viviu en Compostela  e o seu compañeiro, Diana e Richi, seguro que a moitos  sonavos  a foto.
Agora estamos de volta na Paz para sair maña a Copacabana onde imos a una festa tradicional que xa vos contaremos.
 Isto vai rápido que nos pecha o ciber.

Saudos a tod@s
Lois e Miri
















martes, 18 de enero de 2011

¿La Paz?

         Disque andamos en “La Paz” aínda que de paz pouca. Poderíase chamar “O caos” e aínda sería pouco. Ruido, polución, xente por todos lados, mercadillo permanente, xente gritando dende os microbuses cousas inintelixibles….e seguro que se nos esquecen un monton de detalles que fan deste lugar unha “vila de tolos”.  Pero ainda así por aquí estase moi ben: restaurantes vexetarianos, aloxamentos baratos, xente moi amable, servicio técnico de cámara de fotos (sí, outra vez fallou), moitos museos e cousas que aprender….
         Dende que chegamos visitamos o xacemento arqueolóxico de Tiwanaku, os mellores restos arqueolóxicos de toda Bolivia. A cultura Tiwanakota remontase ao 1500 a.C. aproximadamente e a súa influencia extendeuse dende  o norte de Colombia ata Chile e dende o delta do Amazonas ata o Pacífico. Segundo o que din  foi una cultura que nunca se impuxo sobre o resto de comunidades e sempre respetou. Non se atoparon restos de actuacións bélicas relacionadas coa expansión da súa influencia, que remataría coa invasión dos Incas.
         Nas ruínas que visitamos puidemos comprobar o avanzado coñecemento que esta cultura tiña das matematicas , da astronomía e desenrolo tecnolóxico en xeral . Así puidemos ver acueductos, grandes construcción e un calendario agrícola plasmado na Porta do Sol.
         Outro lugar do que tamén aprendemos moito foi o Museo da Coca. Un dos lemas de toda Bolivia é “A folla de coca non é cocaína”. O uso desta folla remóntase a o 2500 a.C. e foi parte intrínseca da Cultura Andina, e todavía sigue a selo. O uso da coca, completamente legal en Bolivia vai dende o campo maxico-relixioso ata o uso cotidiano (coma o café no mundo occidental).  Tamén a moitos turistas axúdalles a combatir o mal de altura (a Puna).
         Outras cousas que contar de La Paz son os inesperados chaparróns que mollan como os da terra, compras con moi bos prezos e a nova afición da Miri: o charango (no que xa vai chapurreando alguna cancionciña)
Saudos a todos e todas!
Lois e Miri

p.d: Pepiño e Isi xa sairon da selva, ainda non podemos contar nada porque tardaremos en reencontrarnos, mais en canto chegue o Pepiño contaremos noticias (o Isi volta para a casa dende Santa Cruz despois destos meseciños de viaxe)
p.d2: Pelotes repasa as entradas que xa estivemos en Sucre.