martes, 25 de enero de 2011

TITICACA: MAIS JRANDE QUE A RÍA DE AROUSA!!!!

          Abandonamos a gran cidade da "Paz" para chegar a vila de Copacabana, á beira do lago Titicaca. O camiño resultou moi entretido xa que o fixemos en bus, en barco (mentres víamos o noso bus nunha minuscula plataforma de madeira flotar tras de nos) e outra vez en bus.

          En Copacabana puidemos ir a tradicional romería das Alasitas, contamosvos: esta festa baséase nunha tradición tiwanakota (sí os tiwanakotas andaban por todas partes) e consite en bendicer obxetos en miniatura para que se cumpla o desexo de poseelos na vida real. entre outras cousas bendícense casas, coches, maletas para ir de viaxe, diñeiro e cousas máis curiosas coma licorerías, tendas de ultramarinos, tresillos... Estas miniaturas son bendecidas con un rito moi complicado a base de inciensos, viño, cervexa e canticos aimaras e logo son entregados ao Equeco (que non temos nin idea de como se escribe) que é un boneco enorme con cousiñas colgando. Na festa consúmese moito alcol, moitas miniaturas...pero pouca artesanía galega. Sorprendeunos a presencia galega nos fubolines, aínda que aquí chámanlle "canchitas".

          Outras cousas que ofrece Copacabana son as expectaculares vistas do grandíiiiiisimo lago Titicaca, no que non se ve a outra beira (que se supón que é Perú), un montón de ruínas preincaicas e incaicas como a Horca do Inca (observatorio astronómico), o Asento do Inca e o Baño do Inca (supostamente lugar de purificación) e unha igrexa de influencia árabe. No Baño do Inca puidemos disfrutar dunha visita privada ao seu Museo Arqueolóxico guiada por tres irmáns aimaras de 12, 10 e 7 anos que o pasaron bomba sacandonos fotos e contandonos todas as cousas que fixera "O Inca".

Mañá partimos cara a Illa do Sol, na que pasaremos uns días.

Saudos a tod@s!!

Miri e Lois













7 comentarios:

  1. AQUI TU MADRE, AUNQUE SALGA LO DE TITA MONTSE, JEJEJEJEJE.
    QUE POCO TE FIJAS EN MI CASA, YO TENGO UN EQUECO, ES EL MUÑECO AL QUE LE DOY DE FUMAR Y DE VEZ EN CUANDO DE BEBER.
    SIENTO MUCHO QUE LA ARTESANIA GALLEGA NO SE OS DIERA BIEN, PERO ME SUPONGO QUE LA COMIDA Y BEBIDA SI :).
    MUCHOS BICOS DE ABUELA MARI, ESTUVE CON ELLA Y ME DIO MUCHOS BESOS Y QUE LO SIGAIS PASANDOLO MUY BIEN.
    MUCHOS BICOS DENDE CARANZA

    ResponderEliminar
  2. CUIDADIN,CUIDADIN CON LAS SIRENAS DE DULCE CANTO QUE DICEN QUE DUERMEN EN ESE LAGO, QUE DESPUES DE TANTA FIESTA SEGURO QUE SI NO LAS VEIS LAS OIREIS.....
    PULQUE OS MANDA BESITO , PERO QUE NO TENGAIS PRISA ,QUE EL ESTA `CHACHI`... y gordito....

    BESIÑOS

    ResponderEliminar
  3. Agora é cando se pode dicir que chegastes....Unha aperta para vos e tamén para Evo Mrales, por se o vedes, claro....je,je,je....

    ResponderEliminar
  4. escribese ekeko,e nun princpio era o deus da fertilidade, bueno iso se cree ,polo tamaño da sua minga que din que a ten ercta ,pero eu me fixei e nada. por certo rapaces xa podiades poñer en que parte da illa estades,ou mandar un mail,digo antes de sair de copacabana que teño entendido que na illa do sol non ai estas couas,asi poderiavos devolver o CAMPING GAS. e un saudo o mais grande:PELOTES,pero o bico e para Mariglo,que me presta mais ,por certo camarada,o Evo e un cabron,eu tamen tiña outra idea del. PEPIÑO

    ResponderEliminar
  5. Quen me dera poder estar aí....Morro de envexa....Pelotes e Marigló...Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Resultados de fútbol :

    Barcelona "B" - CELTA (1-1)

    FURIA - Vea (4-1)

    RIBASAR : Descansou

    OSASUNA - R. Madrid (1-0)

    Moitos bicos....

    ResponderEliminar
  7. Vemos que todo continua "viento en popa" como diría el navegante.
    Podemos confirma que Pulque está en perfectas condiciones, Martín se encontró con su "primo" en la calle.
    Por cierto no nos habeis contado que llevabais vosotros para bendecir: casa, coche, curre, maletas entendemos que no si no los demás....nos moriremos de algo
    La abuela está encantada con vuestras noticias y fotos, cada vez que vamos a Ferrol mi teléfono echa humo así que decidi comprar una batería de repuesto para que toda la familia pueda disfrutuar de los eventos
    Bueno chicos besitos y seguid disfrutando

    ResponderEliminar