martes, 18 de enero de 2011

¿La Paz?

         Disque andamos en “La Paz” aínda que de paz pouca. Poderíase chamar “O caos” e aínda sería pouco. Ruido, polución, xente por todos lados, mercadillo permanente, xente gritando dende os microbuses cousas inintelixibles….e seguro que se nos esquecen un monton de detalles que fan deste lugar unha “vila de tolos”.  Pero ainda así por aquí estase moi ben: restaurantes vexetarianos, aloxamentos baratos, xente moi amable, servicio técnico de cámara de fotos (sí, outra vez fallou), moitos museos e cousas que aprender….
         Dende que chegamos visitamos o xacemento arqueolóxico de Tiwanaku, os mellores restos arqueolóxicos de toda Bolivia. A cultura Tiwanakota remontase ao 1500 a.C. aproximadamente e a súa influencia extendeuse dende  o norte de Colombia ata Chile e dende o delta do Amazonas ata o Pacífico. Segundo o que din  foi una cultura que nunca se impuxo sobre o resto de comunidades e sempre respetou. Non se atoparon restos de actuacións bélicas relacionadas coa expansión da súa influencia, que remataría coa invasión dos Incas.
         Nas ruínas que visitamos puidemos comprobar o avanzado coñecemento que esta cultura tiña das matematicas , da astronomía e desenrolo tecnolóxico en xeral . Así puidemos ver acueductos, grandes construcción e un calendario agrícola plasmado na Porta do Sol.
         Outro lugar do que tamén aprendemos moito foi o Museo da Coca. Un dos lemas de toda Bolivia é “A folla de coca non é cocaína”. O uso desta folla remóntase a o 2500 a.C. e foi parte intrínseca da Cultura Andina, e todavía sigue a selo. O uso da coca, completamente legal en Bolivia vai dende o campo maxico-relixioso ata o uso cotidiano (coma o café no mundo occidental).  Tamén a moitos turistas axúdalles a combatir o mal de altura (a Puna).
         Outras cousas que contar de La Paz son os inesperados chaparróns que mollan como os da terra, compras con moi bos prezos e a nova afición da Miri: o charango (no que xa vai chapurreando alguna cancionciña)
Saudos a todos e todas!
Lois e Miri

p.d: Pepiño e Isi xa sairon da selva, ainda non podemos contar nada porque tardaremos en reencontrarnos, mais en canto chegue o Pepiño contaremos noticias (o Isi volta para a casa dende Santa Cruz despois destos meseciños de viaxe)
p.d2: Pelotes repasa as entradas que xa estivemos en Sucre.















6 comentarios:

  1. Fíxome moita gracia a vosa observación, xa pensei que non nos liades. Pois nada, seguide tan cachondos e a rirse da "paxára parda". Unha aperta e decídelle a Pepiño que nos faga un guiño cando poida. Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Joer Miri como che creceu o pelo!!!
    Estades moi guapos. Comentarvos que unha das colegas que vive en Floreanópolis está agora en Cuzco e volta para Brasilo día 20 de Xaneiro, data na que chego eu ao Continente. si vos interesa envíovos o mail.

    Un bicazo

    ResponderEliminar
  3. Hola filliños!!! Tiene razon que guapos estais..... En ese tendal no se si os secara mucho la ropa.... Las toallas parece que van cambiando de color... ¿Noo? ...Miri sigue dandole al ¨¨guitarrillo¨¨que se te ve muy concentrada....

    UN BESAZO.....MUAAAAA....

    ResponderEliminar
  4. Moi boas!!!
    Moi boa a descrición de LA PAZ jajaja non vos perder por ahí que aínda tendes moito que visitar, unha aperta moi grande véxevos moi ben, aquí todo vai xenial unha aperta...

    ResponderEliminar
  5. pero que bien tocas, pareces tu madre, jejejejejeje. los pendientes preciosos.
    que envidia me dais, tan morenos, y a m que se me esta yendo la marca de verano :( . estais muy guapos, y por lo que leo muy ocupados.
    myri, no te preocupes que ya sabemos que tu y los aparatos no os lleváis demasiado bien ( es por lo de la camara).
    bueno, un bico dende caranza e seguide pasandoo ben

    ResponderEliminar