domingo, 28 de noviembre de 2010

O RIO AZUL

Saudos a tod@s!!

Polo que lemos algunhas xa andaban ansiosas por ter mais cousas bonitas destas que estamos vendo, pois ahi vai...
Acabamos de chegar de facer unhas rutas polos arredores do Bolson (onde nos atopamos agora mesmo). Levamos 5 dias caminhando polo monte o redor do rio Azul... daredevos conta o velas fotos de por que ten ese nome. Contamos un pouco como foi a viaxe:
Saimos do Bolson ata a parada de Warton nun colectivo, asi chaman por aqui aos buses, Warton non e unha vila, nin unha rua, senon que e a casa dunha familia, jejejeje, xa vedes que por aqui as cousas son algo diferentes...

A primeira etapa da nosa viaxe foi un caminho dunhas cantas horas (unhas cantas 5 mais ou menos) monte arriba atrabesando pontes colgantes troncos e pasarelas cara o refuxio Retamal. Foi un caminho incrible, cheo de "BUAAHHH!!!", "PRECIOSO!!","AAAALAAAA!!!", e demais onomatopeias que signifiquen admiracion xa que a paisaxe que non rodeaba era algo incrible. En cada recobeco do monte atopabamos unha vista impresionante. Arbores incribles e incluso un paxaro carpinteiro como o dos debuxos animados con cresta vermella e todo. O chegares o refuxio chocolatada, mate e unha boa cena o caron do lume xa que nos esperaba outra boa pateada.

O dia seguinte fixemos unha caminhata dunhas 8 horas polo monte esta vez xa non pegados ao rio Azul senon que nos adentramos no pais das Arbores xigantes en direccion cara o refuxio dos Laguitos, que non e outra cousa que un refuxio o caron dun lago que esta a 1150 metros sobre o nivel do mar…. incrible. O caminho foi igual de divertido, esta vez a paisaxe estaba composta por arbores xigantes, cada vez mais e mais grandes chegando, preto do refuxio o bosque dos Alerces, unhas moles incribles de mais de 2500 anos de antiguidade!! Tras un final aplastante dunha costa arriba de hora e media chegamos o lago e como veredes… mereceu a pena!!!!

Por ali andivemos un dia mais mentres uns foron descubrir o seguinte lago outros quedamos descansando e coidando do lume (unha boa escusa para non dicir que quedamos papando moscas mirando para a paisaxe durante un bo rato). O detalle da xornada foi que, cando chegou un rapaz que resultou ser o novo refuxeiro descubrimos con sorpresa que pode chegar a ser un pseudofamiliar  de Miriam, xa que a sua avoa de apelido “Ces” probinha de Noia… investigaremos sobre o tema.

Tras esto de volta dous dias mais monte para abaixo, ata chegar o camping do Bolson onde facemos base. Hoxe estamos planeando a xornada de manha. Queredes saber mais?
Manha marchamos cara Chile nun barco, e denovo uns dias de caminhata esperannos ata chegar a algun pobo preto da fronteira, pero xa nun novo pais, polo tanto, outra vez andaremos incomunicados durante uns dias non que podedes aproveitar para ver e rever as fotos que quedan a continuacion porque valen a pena!!!


P.D: seguimos sen tildes nas mensaxe xa que estamos a utilizar o ordenador dun companheiro do camping o “Ruso Loco Natural”(o cal, como seu nome indica e Ruso e ten un ordenador con teclas en injles, polo que as tildes son inexistentes)
























domingo, 21 de noviembre de 2010

PILTRIQUITRONEANDO

Xa chegamos aos Andes!
levamos uns dias paseando polo Bolson. Despois de afacernos ao lugar coa sua famosa feira de artesania emprendimos a subida do Piltriquitron "montanha que fuma" se queredes saber o significado en mapuche. Esta e a montanha que forma unha cara do valle no que se atopa o Boilson e ten unha altura de 2260 m aprox. A subida e espectacular, despois de alcanzar o cumio empezou a nevar polo que tivemos que facer unha noite a maiores no refuxo. Aproveitamos este dia de descanso para ponhernos "como chanchos" comendo pan caseiro, pizza a la montanha, chocolata, doce de rosa mosqueta e demais gastronomia tipica do cumio.

Aqui vos quedan as fotos destes catro dias, polo momento os planes son seguir por aqui e subir ao outro lado do valle... e asegurarnos que as vistas son tan fermosas como no que estivemos agora!

p.d.: estamos escribindo dende un ordenador ingles polo que os tildes desta mensaxe son inexistentes na sua totalidade.














martes, 16 de noviembre de 2010

CHEGOU O ISI!!!

Saudos a tod@s!!!

(de primeiro dicir que leemos todos os comentarios que nos mandades ainda que pareza que non o facemos por non contestar, intentamos contestar nas mensaxes. )

Acabamos de recibir o cuarto viaxeiro que nos vai acompañar ester meses por latinoamerica, Isimayo. Chegou fai un par de dias, despois dunha longuisima viaxe pero con moitas ganas, coma nos, de ver máis e máis cousas. Pour outra parte despedimonos de amigos, os franceses e máis a rapaza israeli tomaron outros camiños diferentes, ainda que estamos seguros de que volveremonos a atopar pronto.

Hoxe abandonamos o litoral arxentino para dirixirnos cara o interior, cara as montañas, hacia a vila chamada "El bolson", lugar que nos dixeron serviu de inspiración para o coñecido sitio literario e cinematográfico no que viven os hobbits do Señor dos Aneis. Abandonamos tamen as baleas que todolos días arrancabanos algún grito de admiranción, así como a demais fauna que fumos coñecedon por estes lugares. Con máis gusto deixamos atrás o insufrible vento que esperamos non nos acampañe tamen na montaña.

Diriximonos a outro lugar polo que non sabemos cando poderemos volver a escribir xa que por alí nonsabemos como será esto das comunicacións.


Bicos!!!!




domingo, 14 de noviembre de 2010

Fauna e Fauna da Patagonia

Saudos!!!

acabamos de escribir unha entrada longuíiisima para contarbos un monton de cousas e o ordenador fixo como que non e borrouse todo... así que aquí vai un resumen, moi resumen:

A viaxe ata aquí foi unha recta con curvas apenas impercepcibles duns 1300 kilometros rodeados da pura pamapa e patagonia, un paisaxe arido con pouca cousa que mirar.

Non escoitamos os cantos de balea pero sí como golpean coa aleta na auga, e como respiran co espiráculo (estamos aprendendo moito, para que vexades) onde estaban os pingüins cheiraba a galiñeiro que flipas, pero valeu a pena. Tamén fumos a Panínsula Valdés onde se graba a mitica escena dunha orca comendo un león mariño, non vimos orcas pero sí leóns mariños e elefantes... foi xenial. Durmimos nun rancho xa verredes as fotos. Agora estamos nun camping pero ata a fecha durmimos na praia.

Aquí hai moitos bichos diferentes, vimos ata un flamenco rosa. Estamos todos moi contentos e... bueno as fotos falan por sí solas.... outro día esperamos que non nos traicione o ordenador e contamos moito mais.

Saudos a tod@s!!! lembramosnos de todos nalgún momento da viaxe!!!