Despois de varios días de nervos, carreiras, un millon de preparativos e consellos comezou a nosa viaxe!!!!
Saímos de Compostela facendo o que mellor se nos da, tomando unha Estrela cos amigos e a familia charlando un ratiño no bar do aeroporto. Baixaron os nervios e comenzamos a estar ilusionados polo longo percorrido que nos queda por diante.... esta sensación foi cambiada por un leve mareo de subidas e baixadas de presión de ávión.
Ao baixar en Barajas retomamos o noso estado normal e chegamos a Madrid sen saber que isto ía "Empezar polo final". Vos preguntaredes qué é isto de empezar polo final, explicamos: o primeiro que fixemos (despois de que nor recibira Quiña na súa casa) foi ir á Tabacalera, un centro social estupendo que recomendamos visitedes se pasades algún día por aquí. Para a nosa sorpresa estabase a representar nel o Día de Difuntos ao estilo tipicamente Mexicano !!! Nachos con guacamole, Coronita e altares aos mortos con ofrendas de comida, bebida e cousa varias para os fenecidos. Os tres pensamos "Isto ten un bo comenzo!!"
P.d: Atención ao escudo do centro autoxestionado... boisimo!! as hortas internas, a bicicleta equilibrista e ao Lois comendo o seu primeiro boniato!!!
P.d 2: Dedicamos este primeiro capítulo a Quíña pola súa simpatica e agradable acollida!!! (e disculpa o do zumo de piña).
pois si que empezachedes o reves, ♪♫ ♥♥♪♫ MEXICO LINDO Y QUERIDOOOOOOOOO♪♫ ♥♥♪♫ .
ResponderEliminarPERO TES QUE POÑER AS DO AEROPORTOOOOOOO.
BICOS MIÑA FILLA FAVORITA ;)
QUE BUENO EL BONIATO...
ResponderEliminar