jueves, 9 de diciembre de 2010

Da viaxe e do cotidiano

Saludos a tod@s!!!

Tras uns días desconectados da civilización as inclemencias meteorolóxicas obrigaronnos a regresar a "cidade" e así que aproveitamos a ocasión para dar noticias e seguir contando como vai a viaxe.

Unha vez nos xuntamos os catro na  pequena vila  de Castro da que xa vos falamos anteriormente dirixímonos cara o pacífico ata o   Parque Nacional Cucao no que pasamos un par de días estupendo  xunto co seu gardabosque Lucho "o home  que viu o puma, terremostos, tsunamis e volcans", ao cal queremos mandar un saudo moi especial e dar as gracias pola súa amabilidade e hospitalidade, xa que fixonos pasar uns días estupendos e sen el o parque non sería o mesmo. Bueno por ali estivemos paseando e remollando os pes no pacifico. Tamen coñecimos un tipo de bosque novo, o Tepual,o cal e impenetrable e a vexetación crece e crece sen sentido facendo do lugar un sitio totalmente diferente do que viramos ata o de agora.

Neste parque tamén aproveitamos para montar por primeira vez o chiringuito e mirar como podía ir isto da venta de artesania europea xa sabedes que a nosa meta do viaxe era "cambiar ouro por baratijas". O resultado foi moi  bo, vendimos moitas cousas, sobre todo unhas volvoretas que nos regalaron para tal fin.... GRACIAS CRIS!!! As túas volvoretas están agora por Chiloe adiante!

A chuvia fixo que marcháramos de aló e nos diriximos ata a zona da Araucania na que nos atopamos agora mensmo. Esto esta de novo pegado os Alpes, a metade de camiño máis ou menos de Santiago. Os principales intereses que nos trouxeron aqui foron darnos uns chapuzon nas multiples augas termais que hai pola zona (xa que nos atopamos nun lugar de  volcans), ver algún poblado mapuche, xa que a maioría están concentrados tamen por estos lares e por último ver as famosas Araucarias, árbores milenarias que hai nos bosques da  zona.  Temos que dicir que a primeira razon, a do chapuzón, foi cumplida con creces estos ultimos dous días xa que levamos dúas noites en remollo nunhas termas estupendas das que por suposto poñemos fotos a continuacion.  A chuvia, unha vez máis, fixonos hoxe desistir de continuar coas  outras dúas e tivemos que deixar o camping nos que estabamos  para ir ata a vila de Pucón (megaturistico -yanky-aleman) para  atopar un lugar onde pasar o temporal que anuncian.... pero non desistimos isto e só unha pausa!!!! jejeje. O camping hai que dicir que estaba xenial: nos durmiamos debaixo dunhas arbores inmensas que estaban habitadas por loros pequenos  e o cespede estaba cortado porlas ovellas de aqui (que son diferentes 100% as de aló) non podemos resistirnos en dicir que Isi e Miri veron un colibri! o primeiro da viaxe!!!!                                    
               
Por se vos interesa saber un pouco como é o noso día a días os datos máis importantes a destacar son...
1)non escatimamos en comida, isto é, estamos comendo coma chanchos, cremos que imos chegar obesiños pero felices. Estamos levantando a industria do Aceite de oliva virxen dos paises polos que pasamos (xa que aqui a xente non o consume moito e nos xa o consumimos todo por eles)  De isto deriva que....
2) moita parte do tempo que estamos parados  nos sitios que imos ver estamos cociñando, por sorte tocounos un panadeiro e o Isi alimentanos coas súas chapatis que estan riquiiiiiiisimas, e todo o pan que fai en xeral.... ñam, ñam!!!
4)procuramos ir sempre de camping, polo que as nosas espaldas estan enderezándose de forma acelerada, poucos días pillamos cama. As tendas xa son coma nosa casa (Lois e Miri tiveron a sorte de pillar unha de segunda man ultraligth porque coa merda coa que viñan rompeu o segundo día). Estamos pensando en presentarnos a un campionato de montaxe de quechuas, xa que as velocidades estan empezando a ser de guines jijijijijij (ah! tamen estamos pensando en presentarnos a un concurso de desmontar quechuas xa que son exactamente as mesmas veces que o anteriormente mencionado). Se sumamos isto do camping co anterior de cociñar  nos da ....
5) tamen pasamos moito tempo facendo fogueiras, xa sexan para calentarnos ou para  cociñar, ou para as dúas cousas a vez na maioria dos casos. Utilizando o menos posible o camping gas para aforrar o diñeiro das bonbonas que son pequenas e caras....

 E a parte de todo isto pois pasear polo monte, facer espedicions coñecer a xente, visitar sitios, mira  paxaros, mirar arbores, mirar  mamiferos,  mirar mirar e mirar, cosultar a biblioteca que levamos connosco para recoñecer a fauna e a flora local, mercar, ir o ciber, ....

Bueno xa sabedes un pouquiño máis, non temos planes así que non podemos adiantar nada.A camara quedou sen pilas e o ciber cerra así que as fotos quedan para outro dia mellor....

1 comentario:

  1. Tanta fogueira facedes que ainda vades queimar algum dos montes polos que andades, e logo teram que ir Trini e Zp a ponhela cara por vos.JEJEJEJE
    Seguide desfrutando e ponhendonos os dentes largos aos q estamos aqui.
    Apertas moz@s

    ResponderEliminar