domingo, 1 de mayo de 2011

Perdas e despistes en TAGANGA

Seguimos desfrutando das costas caribeñas de Colombia, esta vez un pouco máis cara o este, na vila de Taganga, na que xa levamos uns días.

Saimos de Cartagena despois dunha sesión nocturna de fotos para podervos ensinar un pouquiño da cidade que non puxeramos nada pero recén chegados a Taganga perdimos a cámara de fotos así que nesta publicación non hai fotos nosas pero deixámosvos un par que atopamos na rede para que vos fagades unha idea.

Non vos preocupedes que xa temos cámara nova así que para a próxima haberá un montón de fotos outra vez!. Tamén perdimos o móbil, así que non chamedes nen mandedes mensaxes, que non os imos recibir.

Como curiosidade, coa cámara e o móbil, foron o bolso e a carteira de Miri... despois disto, perdimos as chaves da taquilla onde tiñamos as cousas gardadas (que xa recuperamos) .... así que xa vedes, estamos alixeirando equipaxe, jejeje.

Polo resto moi ben, moita praia, moitos peixiños novos, algo de festa, e sobre todo....moita calor!




2 comentarios:

  1. Si quereis aligerar equipaje , me parece bien ... pero no empeceis por las fotos que estamos muchos esperando por ellas...jeje....

    UN BESAZO... MUUAAAAAAAAA

    PD: Pelotes botamos de menos os teus comentarios... e o FURIA como vai..

    ResponderEliminar
  2. saludos das outras margas de Palmeira. Seguide disfrutando

    ResponderEliminar