miércoles, 6 de abril de 2011

De Praia en Praia

Seguimos desfrutando do sol nas costas Ecuatorianas. Pasamos algúns días máis en Montañita dende a última vez que publicamos no blog e logo vimos cara Puerto López (uns 40  kilómetros cara o norte). Esta vila é un porto pesqueiro sen moito máis que ofrecer pero serviunos como base para poder visitar o Parque Nacional Machalilla. Aqui puidemos coñecer un ecosistema novo o "Bosque tropical seco" (¿Tropical+seco?) e ben seco que está!, ainda así a fauna e a flora son moi abundantes

Dentro deste parque  visitamos varias praias nas que nos entretivemos mirando moitos animais coma os simpaticos cangrexos que corretean sen parar pola area. Entre estas praias destacar a praia dos  Frailes  unha das máis fermosas que vimos ata o de agora.

Ademáis de praia estos días tamén adicamonos a sair un pouco de  rachín (que  xa  tocaba), a facer vida social coñecendo un monton de xente e como sempre seguir probando froitas, entre elas o Lichi ou  Litchi (do que vos deixamos unha foto), o "Tomate de Arbol" do que se fan uns xugos moi adictivos e que ten un sabor moi similar ao arequequenje....

Agora dirixímonos cara a Quito e xa vos contaremos.

Saudos a tod@s!

 









3 comentarios:

  1. Que ben os cagarexos para facer unha mariscada xDD

    Unha aperta gorda para os dous :-D

    ResponderEliminar
  2. NO NOS DAIS TANTA ENVIDIA, HOY PLAYITA TAMBIEN PARA NOSOTROS...TEMPERATURA, MES DE AGOSTO, LLEGAREMOS A LOS 28º... JI JIJI JI....

    UN BESAZO Y ACHUCHONES.....MUUAAAAAAAAA......

    ResponderEliminar
  3. POr fin os veo ¡Vaya Fotos! Una alegria veros estoy deseando daros un abrazo pero feliz de ver esas caras de felicidad. Besos tia Ana ¿Te lo Crees? Que si que soy yo.

    ResponderEliminar