Xa estamos en Colombia!!!!
A primeira parada foi na cidade fronteiriza de Ipiales onde visitamos o Santuario de a “Virgen de las Lajas”, unha guapada de igrexa nun fermoso val. O lugar ten tódolos elementos característicos dun verdadeiro santuario: igrexa, manantial de auga milagreira, postiños de comida e postiños de souvenirs horteras e demais trangalladas.
Logo de moitas horas de viaxe chegamos a vila de Popayán, fermosa e típicamente colonial cun casco histórico de casas baixas e brancas. Aquí confirmamos o que xa descubríramos fai un tempo con compañeiros de viaxe, o agradable carácter das xentes colombianas e a súa ampla cultura musical no que se refire ao punk e rock do outro lado do charco, especialmente Eskorbuto.
Aquí puidemos probar o máis afamado producto do país ………. O CAFÉ! A parte no apartado gastronómico tamén destacar que xa probamos as “panelitas” e por fin o xugo de cana de azucre, todo boísimo.
Por último no apartado estético, xa que vemos que vos fixades en todo, destacar os nosos novos cortes de pelo de 1 Euro….. non é que quedaramos moi ben pero o prezo era moi tentador.
Hoxe continuamos a viaxe cara ó norte, á procura do tan ansiado Caribe!... xa nos falta menos!
Saudos a tod@s!
Secadeiro de café improvisado na rúa
NO ESTA MAL CAMBIAR DE "LUC" DE VEZ EN CUANDO, PERO DECIR LA VERDAD, LA CALOR ES MUCHA Y MOLESTAN LAS MELENAS, JAJAJAJAJAJAJAJA.
ResponderEliminarMUCHOS BICOS DENDE CARANZAAAAAAAA.
Cambio de hemisferio...... pero no de actitud......
ResponderEliminarSe os sigue viendo FELICES!!!!!!!
¡¡¡¡Cuanta envidia se puede generar!!!!!!!!
Besos La Gijonenca.
Se o que é guapo é guapo, da igual o que vos fagades no pelo, rapaces!! Moitos biquiños coruñentos de Paula e demáis fauna. Muá!!
ResponderEliminar