lunes, 11 de abril de 2011

NA METADE DO MUNDO

Saudos dende a cidade de Quito!
Estamos no berce dunha das escolas de arte poscolombino máis importantes de America Latina (a escola Quiteña) e isto percíbese por todolos recunchos da cidade, que está chea de igrexas barrocas, ou neo-moitas cousas, museos de arte, rúas bohemias, arte nas rúas….en resumo: “Quito-moi bonito”.
Entre todos os museos que hai, eleximos visitar o de Camilo Egas pintor Quiteño que pasou por moi diversos estilos, dende o indixenismo, pasando polo cubismo ata a abstracción nos seus últimos tempos.  O cadro que poñemos e un dos que máis nos gustou, do periodo indixenista, chámase “Danza Ceremonial”.
En Quito practícase ademáis a arte da piñata, hainas para todolos gustos e de todalas formas imaxinables, se queredes mercar unha vinde aquí, ata Lois atopou a súa!.  Miri tamén atopou o seu… tendas de roupa de segunda man, a podedes ver facendo pasarela polas rúas de Quito (o que mercou foi a chaqueta… que parece igual de vella que o resto de roupa que leva)
A poucos quilómetros da capital atópase o monumento  Mitade do Mundo, por onde supostamente pasa a liña do ecuador (aínda que realmente pasa pola rúa do lado, 300m máis ao norte) de todas formas finximos que non sabíamos este dato e desfrutamos cruzando o paralelo 0º0´0´´ e tocando por primeira vez dende fai 5 meses o hemisferio norte.  Fixemos o típico truco do ovo, tiramos da cisterna e descubrimos que aquí pesábamos un chisco menos que nos “hemisferios”.
Estivemos ben alimentados gracias os menús do restaurante vexetariano-Hare Krishna, que serviunos tamén para engrosar a nosa lista de restaurantes friki-vexetarianos que visitamos neste continente na que están os restaurantes vexetas dos Adventistas do 7 día, tamén un restaurante de vexeta-alienixena-budistas que se preparaban para nonseique visita, os de dieta-vexeta concurso de adelgazamento, e algún máis que seguro esquencemos.
A fin de semana adicámola ao festival “Sarta Indígena”, organizado por divesas asociacións de Quito no que pretenden aunar todalas culturas urbanas sen diferencias de gustos musicais, sexo, raza, estética, grupo social… O sábado puidemos escoitar concertos de moi diferentes estilos dende o Trash metal, ata rap, pasando polo reague, rock, punk…. O domingo o panorama enriba do escenario cambiou de melenudos e punkis a policías con ganas de fastidiar e suspenderon os concertos alegando calquera motivo con tal de que esta actividade cultural non se celebrara…… hai cousas que non cambian en ningunha parte do mundo, dá igual no hemisferio no que te atopes.
Xa que suspenderon os concertos aprobeitamos para pasear pola cidade, que daba gusto xa que os domingos cortan o tráfico na zona vella de Quito e as rúas convértense en circuitos para bicicletas e camiñantes, eliminando gran parte do estresante ruido.
Saudos a Tod@s! agora diriximonos cara Colombia, e a súa costa caribeña!!!!!!
















3 comentarios:

  1. Hola chicos ,no sabeis quien soy,pero estoy con marga(tu madre) soy la bibiana ,pincho vuestra pagina varias veces al dia,para ver si colgasteis fotos,y asi morirme de envidia.Realmente es de envidiar vuestro viajeeeeeeeeeeeeeeeeee.un beso bibi y marga mamaaaaaaaaaaaaaaaaaa

    ResponderEliminar
  2. Non vichedes ao glorioso "Delfin Hasta el Fin"?? jajajaja

    unha aperta grande!

    ResponderEliminar
  3. Que guapo estas sin barba. La modelo muy bien de pose, apuntas maneras Miri....ji ... jiji....

    BESAZO.......... MUUAAAAAAAAAAAAA..........

    ResponderEliminar