Despois de pasar un par de dias en Guayaquil por fin acadamos o noso destino, praias de auga morna! onde nos atopamos agora, a vila de Montanhita.
A cidade de Guayaquil serviunos coma <centro de abastecemento> para mercar cousas, deste modo, e na procura dunha bombona de campingas, puidemos conhecer gran parte da cidade, que por certo e ben grande. Entre compra e compra fixemos o guiri e visitamos o barrio de <Las Penhas> ex barrio marinheiro e agora reavilitado como barrio guiri con moito encanto. Nel as casas son de cores e as ruas (moi empinadas por certo) son case todas de escaleiras, unicamente unha rua permitia que pasaran carros.
Agora en Montanhita estamos, o que se di, de vacacions... praia, hamacas, paseos, xugos de froitas exoticas.... Aqui seguiremos uns dias para logo dirixirnos pola costa cara o norte desfrutando do que por aqui se conhece como <La ruta del Sol>.
Saudos a tod@s!!!