domingo, 6 de marzo de 2011

EN TERRAS CHIMÚS


Despois de 4 meses de viaxe (dise pronto!) por fin chegamos á praia!!!.
Pouco a pouco estamos a sentirnos nesta viaxe como na casa e empezamos a coñecer a moita xente no continente xa que nos últimos lugares que visitamos atopámonos sempre a algún coñecido. Esta vez, entre outros, volvímonos a atopar con Diana e Richi dos que xa vos falamos cando visitamos Coroico.
Estamos en Huanchaco preto da cidade de Trujillo, unha vila mariñeira que ben podería lembrar a algunha das que temos na nosa costa aínda que en lugar de dornas ou chalanas a pesca tradicional aquí facíase en barcas de totora (unha especie de xunco moi resistente) ou “caballitos de totora” como por aquí se lles coñece.
Aquí pasamos uns días na praia onde se pode facer acampada libre e tentar vender algo de artesanía (sen moito éxito, hai que dicilo xa que por aquí xa empezaron as clases e hai menos “veraneantes” ).
Visitamos as ruinas de Chan Chan, a cidade de adobe máis grande do mundo mundial. Pertencen a civilización Chimú (preinca 750-1470 d.C. aprox.). Para ser una cidade construida en adobe aínda podense apreciar moitas das antiguas estructuras e decoracións xa que por estas terras só chove cando aparece o fenómeno atmosférico de “El Niño” polo que puidose conservar ben, dentro do que cabe. Esta cidade ten una extensión de 25 km2 e o redor de 9 palacios, ainda que a parte recuperada e en parte restaurada é moi pequena polo delicado do material. Ao ritmo actual de restauración calcúlase que tardarían 500 anos en recuperar todolos restos da cidade. Os Chimús adoraban á Lúa, ao Mar e á Terra por iso atopamos na decoración peixiños, esquíos e pelícanos entre outras cousas. Tamén destacar os avances técnicos da súa arquitectura. Non tiñan portas polo que o seu sistema de seguridade baseábase en convertir o palacio nun auténtico laberinto. Ademáis os seus muros son antisísmicos, polo que resistiron os multiples terremotos que hai nesta zona… en definitiva todo moi bonito e impresionante.
Onte a noite fumos a un concerto de reague, despois de moito tempo sen concertos xa tiñamos ben de ganas!.  Mañán dirixímonos a Cajamarca,  capital do  Carnaval Peruano a ver se podemos desfrutar dos últimos días do Antroido.
Saudos a tod@s!!
Por certo, hoxe é o cumple de Pulque, lembrámonos moito de el (todos os días) é hoxe especialmente. Esperamos que pasara un día moi divertido e que se pegara una panzada moi grande!!!











3 comentarios:

  1. Estás nejra Miriiiii!!!

    Hola rapaces, xa vos vexo moi ben nas fotos. Non sei si sabedes que ao final non vou a Brasil... obviamente é por curro.

    Xa vos contarei con calma cando vos cansedes de andar polos mundos.

    Unha aperta moi grande.

    ResponderEliminar
  2. No se si te das cuenta,miriam, pero te estás cogiendo un bronceado que te va a ahorrar el solarium pal resto de tu vida!Por cierto, preciosas fotos!
    wi

    ResponderEliminar
  3. PERO LAVAROS, QUE SE OS VE DESDE AQUI!!!!!!!!!!!!!
    ESTAIS GUAPISIMOS, Y SE OS VE MUY CONTENTOS, NO ME EXTRAÑA, EN LA PLAYA Y DE VACACIONES. YO TAMBIEN QUIEROOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!!!!!!!!!.
    MUCHOS BICOS, PERO QUE MUCHOS MUCHOS DESDE CARANZA.
    SEGUIR PASANDOLO TAN BIEN Y PONIENDONOS LOS DIENTES LARGOS.

    ResponderEliminar