miércoles, 9 de marzo de 2011

ANTROIDO EN CAJAMARCA

O “Carnaval de Cajamarca” serviunos para dúas cousas:
a)      Estrear as gafas de bucear que Miri leva cargando 4 meses na mochila
b)      Comprobar que o Antroido non se celebra en ningún lado como en Galiza!!!!
Como poderedes ver, os disfraces de mochileiros son bastante precarios e desacordes co resto dos disfraces tradicionais pero isto non evitou que nos integráramos á perfección no pasarrúas (no que fumos toda una atracción) e que o pasáramos moi ben aínda que chegamos para os últimos días das festas: o día do velorio e o día do enterro do Ño Carnavalón, que é o que enterran aquí en vez da Sardiña, do Meco….
Aparte do Antroido Cajamarca ten outras cousas interesantes… aquí foi onde Francisco Pizarro capturou, enganou e asasinou ao último Inca* Atahualpa no ano de 1532, con isto comezou a derrota do Imperio Incaico. Os únicos restos Incas que quedan na cidade son o “Cuarto del Rescate” e os “Baños do Inca”, onde o Inca ía tomar baños termais e onde nos tamén fumos por o corpo a remollo.
Tamén hai por aquí restos preincaicos, as chamadas “Ventanillas de Otuzco” un camposanto un tanto peculiar xa que os mortos metíanse en  xanelas excavadas nas rochas. Este cemiterio pertence á cultura Caxamarca. Como podedes ver non todo é Inca en Perú xa que por cada lugar que pasamos atopamos unha cultura nova para nos.
Incluímos nesta entrada unha foto dunha moto-taxi, un medio de transporte moi utilizado en Perú, económico e incómodo ademáis de pouco estable e moi ruidoso que inundan as rúas de un montón de cidades deste país. Tamén unha foto dunha nova froita: a guaba ou pacay, unha vaina xigante cunha pulpa de sabor similar ao melón.
* O Inca e o nome que tiña o "rei" ou "emperador" do pobo inca. Só había un Inca, que críase fillo do Sol. O uso do termo inca extendeuse para referirse en xeral ao resto de individuos do pobo e a súa cultura. 
Como din os Quempallou... "tamén na foliada hai que coidar a nosa terra"

5 comentarios:

  1. HOLAA!!! DE ¨CHOQUEIROS¨ REGULAR.. AUNQUE IMAGINACION NO FALTA....
    AQUI AUN SIGUEN , HOY EN CENTRO CON LOS CHICOS...
    LA MOTO PARA TRAERLA DE ¨SOUVENIRS¨.....

    UN BESAZO Y ACHUCHONES GUAPOS.... MUUAAAAAAA...

    ResponderEliminar
  2. Molan un cachazo os disfraces improvisados xDD

    ResponderEliminar
  3. Aaaaaaayyyyy rapaces que ben o pasades eeeehhh???? Os disfraces non poden faltar...íades de puta nai, juajuajuajuajua!!! Botóusevos de menos en Xinzo, foi moi fugaz, soamente unha noite pero pasámolo pipa, coma tódolos anos!!! grabamos uns videos Putxus e mais eu para vós,todas cheas as 5 da tarde, chupando do globo de helio, pero a putxi perdeuno todo esa noite asi ke... xa se sabe... É XINZO!! Vésevos moi ben, nejros nejros e disfrutando moito, e o Lois facéndolle a competencia ao Coquis jejejeje, ke barba!! Encántanme as fotos, e todolos comentarios culturais para ke aprendamos moitisimo!!! Eu estou de volta en Madrí, despois da paréntese do Entroido, pero todo ijual buscando curro e toda esa merda... molaríame facer coma Son Goku e nun fiiiuu fiiiuu estar alí canda vós!!
    A seguir así!!! Quérovos!!! Bikiños e apertas mil!!

    ResponderEliminar
  4. Boas Xente!!

    Esa froita está boísima, que recordos...
    Ides cara a Ecuador ou a Yurimaguas a polo barco?

    Case podedes mandar a roupa de abrigo que pouca montaña vos queda.

    Lois para ser improvisado ese disfraz parécese ao de casi todos os anos jajajaja
    Un bico ás dúas! seguídeo a pasar tan ben que sodes unha escapada para a nosa imaxinación na monótona e fría Europa.

    ResponderEliminar
  5. Lois, cando voltas?? Un día destes imos ir a facer unha "rastacacharela". Agardamos por ti?? :P.

    Un abrazo rapaz, pasádeo ben.

    ResponderEliminar